Os dias 4,5 e 6 de Setembro celebrouse no Polideportivo Los Rosales en Móstoles o Torneo Interterritorial 2026, o primeiro torneo nacional da tempada, que serve de punto de referencia para ver como están os deportistas de cara o inicio das ligas.Nosos atletas tiveron unha concentración previa o dia 3 no pabillón Juanito Amigo en Sigüeiro, para viaxar o dia 4 ata Móstoles.12 seleccións de 11 Federacións Autonómicas competiron de forma individual e tamén acumulando puntos para a súa selección, nas 5 categorías (Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil) tanto masculinas coma femininas.
Galicia competiu nas seguintes categorias cos resultados:
Resultados IndividuaisBenxamin Masculino (Jiamin Guo Chen, TM Finisterre): 5º PostoAlevín Masculino (Martiño Ramilo, Mos TM): 12º Posto.Infantil Masculino (Saúl Pallarés, CM San Amaro): 9º Posto.Infantil Feminino (Valeria Piñón, CTM Cidade de Narón): 4º PostoCadete Masculino (Matias Grabiel Bentancor, TM Monteporreiro): 5º Posto.Cadete Feminino (Teresa Carrasco, Illas Cies TM): 1º Posto.Xuvenil Masculino (Alexander Malov, Oroso TM): 2º Posto.Xuvenil Feminino (Candela Montero, CTM Cidade de Narón): 4º Posto. (Lucía Saura, CTM Cidade de Narón): 9º Posto.Con 307 puntos no global, a Federación Galega acadou o quinto posto, por detrás das dúas seleccións da anfitriona Madrid, Andalucía e Castilla e León.