A Federación Galega de Tenis de Mesa iniciou o seu proceso electoral 2026 para a renovación dos seus órganos de goberno, conforme á normativa vixente (Decreto 16/2018, polo que se establecen as bases dos regulamentos electorais das federacións deportivas galegas).
Nesta páxina recóllese a documentación oficial do proceso — convocatoria, calendario, regulamento, actas e instrucións de voto — para consulta dos clubs e persoas afiliadas. Os censos electorais, ao conter datos persoais, só están dispoñibles para persoas federadas identificadas na área privada da FGTM.